O seu primeiro posto como director

En 1982, aos 25 anos, a súa carreira dá un xiro importante ao ser nomeado director da Coral Polifónica El Eco da Coruña, unha importante formación histórica moi arraigada na cidade. O seu principal cometido é preparar os coros para a tempada de ópera da cidade herculina. Asumirá a dirección en dúas etapas distintas: de 1982 a 1986 e de 2007 a 2011. Esta oportunidade ábrelle as portas ao mundo coral, a ópera, a zarzuela e á dirección de orquestra, co que levaba tempo soñando. Será o punto de partida para decidirse pola dirección orquestral e comezar os estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde asiste a clases entre 1986 e 1992.

Concerto de El Eco no teatro Colón con motivo do Día das Forzas Armadas en 1985

Concerto de El Eco en directo no programa Ruada, presentado por José Luis Blanco Campaña, na TVG.

Primeira etapa (1982-1986)

Na súa primeira etapa como director de El Eco, interpreta concertos polifónicos por todo o territorio galego e encárgase principalmente de preparar as partes corais para os Festivais de Amigos da Ópera da Coruña.

• Na tempada 1983, interpretarán La Forza del Destino, de G. Verdi, O Barbeiro de Sevilla, de Rossini, e Andrea Chénier, de Umberto Giordano.
• Na tempada 1984, interpretarase Aída, de G. Verdi, A Italiana en Arxel, de Rossini, e Carmen, de G. Bizet.
• En 1985, prepara a ópera Otelo, de G. Verdi, para ser interpretada no Auditorio Conde Duque de Madrid.

Segunda etapa (2007-2011)

Nesta segunda etapa, aborda diversos programas de concertos polifónicos e grava un disco con obras do compositor lucense Alejandro Besteiro. Tamén prepara as partes corais das tempadas de Amigos da Ópera da Coruña:

Macbeth, de Verdi (2008),
Gala Lírica (2009),
I Puritani, de V. Bellini (2010),
Rigoletto, de G. Verdi (2011).

Durante estes anos, leváronse de xira por Galicia algunhas producións multimedia de Fernando Vázquez Arias, con estreas no Teatro Colón da Coruña:

  • Grandes Coros de Ópera en 2009.
  • Antoloxía da zarzuela en 2010.
  • Gala Americana en 2011.