Breves Historias Musicales de Galicia
– CAPÍTULO IV –
Una aproximación histórica a la música en Galicia
(1987–1993)
BREVES
HISTORIAS
MUSICALES
DE GALICIA
–CAPÍTULO IV–
Una aproximación
histórica a la
música en Galicia
(1987-1993)
Creación del Coro del Conservatorio y obras compuestas por Fernando V. Arias en Lalín
Refuerzo de la formación vocal y creación del coro del conservatorio
Durante esta etapa, el proyecto musical vivió un desarrollo constante. Para completar la formación integral del alumnado, resultaba imprescindible contar también con un coro propio del conservatorio, así como con una profesora de canto, encargada tanto de la especialidad vocal como del trabajo técnico y expresivo de las voces.
Compuse la Cantata do Deza, inspirada en los territorios de la comarca
Paralelamente a esta labor pedagógica, durante mi estancia en Lalín desarrollé una intensa actividad creativa. En este periodo compuse la Cantata do Deza, estructurada en seis movimientos inspirados en los territorios de la comarca: Deza, Trasdeza, Agolada, Carbia, Camba y Dozón, para coro y orquesta.
Asimismo, escribí Un canto a Lalín, diversos villancicos para coro y orquesta, la obertura O Aviador para orquesta sinfónica —inspirada en la figura del aviador Loriga—, la Suite de Valses Galegos, la Suite de Muiñeiras para orquesta sinfónica, la Marcha procesional La Virgen de los Dolores para banda, y la obra A Nosa Unión, con textos de Neira Vilas, para coro y banda.
Presentación como director al frente del Coro de Lalín.
Los arreglos realizados ayudaron a consolidar la identidad musical del conservatorio
Arreglos y fortalecimiento del repertorio del conservatorio
A todo ello se suma un extenso trabajo de arreglos musicales destinados a la banda, el coro y la orquesta del conservatorio, contribuyendo de forma decisiva a consolidar una identidad musical propia en el centro.
Cantata do Deza
«Lo que el Deza inspira en mí»
Presentación de la «Cantata do Deza» por Fernando V. Arias
Suite de valses
Suite de muiñeiras
O Aviador
En Lalín, la música se convirtió
en identidad compartida
y memoria viva del territorio
DEZA
Terras do Deza, Trasdeza e Valquireza,
Terras de Carbia, de Camba e Dozón!
Terras do Deza e do Arnego,
con vellos camiños que van
dende O Ulla ate O Farelo,
dende O Faro ate O Candán.
Lalín, Lalín, Lalín, Lalín!
Aberta, crara, rideira,
rosiña, rosa dos ventos
no verde corazón, no centro
da verde Galicia enteira!
Vella Terra con montes
que soñan co Pico Sacro,
peregrinos de Santiago;
con vales, ríos e fontes
que corren pra Compostela
denantes de ir cara o mar;
e con homes nados nela
que fan vieiros no ar
para tocar as estrelas,
medir a bola do mundo
ou pra por eles voar:
Xosé Rodríguez,
Xaquín Loriga,
Ramón Aller!
Terra de Deza
ei qui latexa
a historia galega!
Un cento de castros, castelos e pazos,
capelas, mosteiros, eirexas, cruceiros,
e pontes e muíños…
Terra, pousada e camiño,
Terra, camiño e pousada
pra tratantes e arrieiros,
peregrinos e cerieiros;
Terra de gaita e ruada,
con ledas festas e feiras,
contos nas vellas lareiras…
que fai vieiros no ar!
Lalín, Lalín, Lalín!
TRASDEZA
Trasdeza de Carboeiro,
no camiño de Santiago,
romerías da Saleta
e Santa Isabel de Escuadro!
Trasdeza do val ullán,
polo Toxa do cadeiro
ate as cumes do Candán.
Ansemil do cabaleiro,
Dornelas, Breixa, Trasdeza,
ca románica beleza,
co oxival feitizo
de Carboeiro!
Quén o fixo?,
un home?, un anxo?,
qué canteiros
traballaron o miragro
do mosteiro?
Trasdeza de Carboeiro,
no camiño de Santiago!
AGOLADA
Vella Terra da Agolada,
que arrula O Farelo
no berce do Arnego.
Terra fronteira da Ulloa,
que é templaria en Ventosa,
fidalga en Borraxeiros,
románica en Ferreiroa!
A de Orrea do mosteiro
no que moraron as freiras,
a de Brocos e Vilariño,
de Brántega e de Merlin.
Valquireza do castelo
desleito polos irmandiños…
Terra que arrula O Farelo
no berce do Arnego,
que soñan os mouros
da Pena Gundín
e do castro Marcelín.
Agolada, Agolada, Agolada!
CARBIA
Terra de Carbia,
a dos vales e montes
que outea o castro Cumeiro,
a dos ríos, a das pontes…
Coa Vila de Cruces,
pousada e cruceiro
dos vellos camiños:
de Camanzó do mosteiro
deica Arnego ou pra Toiriz
–que tiña feira do liño–,
pra Duxame, pra Asorei…
Merza, vai dos cabaleiros,
entroido de Brandariz,
pra santa dos romeiros
ou á Brea dos mineiros…
Carbia, a dos vales e montes
que outea o castro Cumeiro,
a das augas encoradas,
a de camiños, cruceiro!
CAMBA
Terra de Camba, no val
que alumea o sol primeiro.
Nosa Señora do Faro,
que cantaran os troveiros
da Galicia medieval.
Terra de Camba, Rodeiro,
que foi pazo arzobispal.
Guillar, San Xoán, O Rendal…
Castro da Senra, no outeiro
vixiante da mourindá.
Terra de Camba, no val
que alumea o sol primeiro!
DOZÓN
Terras outas de Dozón
dende O Sixto a Sanguiñedo
no camiño do Ribeiro.
Berce do rei godo Wamba,
Vilanova do mosteiro!
Hai que ir á Pena de Francia
e facer romaxe ao San Breixo,
hai que ir á feira da Gouxa
probar a carne ó caldeiro.
Terras outas de Dozón,
no camiño do Ribeiro!


